Nun acto acompañada pola deputada e responsable de Acción Feminista da Executiva nacional, Noa Presas, e a participación de Irene Tato, traballadora da sanidade pública, Mercedes Torres, traballadora no sector de alimentación, e Sandra Lado, traballadora dunha residencia de maiores, a portavoz nacionalista, Ana Pontón presentou a campaña do BNG, 8M baixo o lema: Sostemos o presente, cambiemos o futuro. Pontón sinalou que a crise do coronavirus agravou a precariedade laboral das mulleres. «Neste 8-M e ante estes datos que nos demostran que a covid está a supoñer un paso atrás nos dereitos das mulleres e na súa incorporación ao ámbito laboral é fundamental que se poña en marcha un plan de emprego feminino». No caso dos coidados é especialmente grave, recalcou a nacionalista, porque as mulleres “asumiron o rol de coidadoras nesta crise, case sempre de balde, para suplir as carencia no ámbito dos servizos públicos”.
29