A líder nacionalista, Ana Pontón, fixo unha dobre proposta de cara a atallar as consecuencias económicas da pandemia: modificar as contas públicas para adaptalas de inmediato ao novo contexto e un acordo de país para a reconstrución económica e social pactado no Parlamento. Pontón fixo fincapé nos miles de empregos perdidos, nos 225.000 galegos e galegas afectadas por un ERTE e nos 210.000 traballadores e traballadoras por conta propia para os que reclamou de novo axudas directas por parte da Xunta de até 2.000 € nun pago único. A líder do BNG Tamén se referiu ao plan de desecalada anunciado polo Goberno do Estado reiterando a proposta do Bloque de pactar un desconfinamento adaptado á realidade de Galicia, fuxindo dunha proposta uniforme ditada desde unha visión centralista.
33