A líder nacionalista, Ana Pontón, considera intolerable que a metade da poboación sufra o terrorismo machista, polo que insistiu na necesidade de combater esta lacra desde o ámbito educativo para o que propuxo implantar unha materia «específica e obrigatoria» en igualdade que sensibilice contra esta secuela. «Educación, educación, educación en igualdade debe ser a máxima prioridade», asegurou. Ademais salientou a importancia da proposición de lei de violencia vicaria impulsada pola súa formación e que, agarda, se aprobe en xuño antes de finalizar o actual período de sesións. «Esta lei debe servir para reforzar a loita contra a violencia», centrándose no «elo máis débil» da cadea, a poboación menor, que precisa de recursos para avanzar na «prevención e na protección».
22