O BNG reclama a declaración de Meirás como lugar de memoria

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego demanda a rectificación do Goberno do Estado sobre a Lei de Memoria Democrática para introducir no texto lexislativo aspectos importantes que permitan rematar coa impunidade do franquismo, así como que se inclúa o recoñecemento do Pazo de Meirás como lugar de memoria. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, alerta que, de non introducir estas cuestións, a lei será unha oportunidade perdida para avanzar e mesmo cualifica de “fraude” a posición dos partidos do Goberno do Estado ante a visión centralista do texto. Rego, xunto coa voceira do BNG en Sada, Laura Rodríguez, e o investigador e activista da memoria histórica, Carlos Babío, acompañados de activistas memorialistas, concentráronse diante do Pazo de Meirás ante o rexeitamento de PSOE, UP e PP de recoñecer o edificio como lugar de memoria.