O BNG reivindica en Vigo un novo modelo de residencias públicas

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego reivindica un novo modelo de residencias públicas para que “a vellez deixe de ser un negocio”. Así o defendeu este mércores en Vigo a candidata e deputada do BNG, Alexandra Fernández, tras manter xunto co portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, un encontro co colectivo de pensionistas da CIG, con traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e con representantes da Federación de Familiares de Usuarias de Residencias e Dependencia (REDE).

“O modelo do BNG pasa por un maior investimento no coidado dos nosos maiores e das persoas dependentes, mellorando a súa calidade de vida e coidando tamén das persoas que coidan”, destacou Fernández, quen contrapuxo o modelo nacionalista co aplicado polos sucesivos Gobernos galegos do PP que é o” de favorecer a entrada de fondos de investimento e do gran capital a facer caixa coa vellez”.

A candidata do Bloque subliñou nese sentido que Galiza está á cola no investimento en atención das persoas dependentes, con menos 615 euros por persoa fronte aos 2.300 que dedica por exemplo Euskadi. Na mesma liña, lembrou que nos últimos 15 anos o PP non construíu ningunha nova residencia pública a pesar de ter a menor porcentaxe de prazas do Estado.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?