Durante o debate do Proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, apuntou que o resultado final do texto lexislativo “non está á altura do esperado” para a organización nacionalista nin tampouco para os diversos sectores da sociedade. Rego anunciou que o BNG vota non á Lei por non garantir a presenza de todas as linguas oficiais do Estado -e, por tanto, o galego-, por “deixar os produtores independentes ao pé dos cabalos do duopolio televisivo”, por non asegurar cotas que reduzan a fenda de xénero e por abrir a porta á privatización dos medios públicos. A estas cuestións, a organización nacionalista tamén presentou emendas para garantir a financiación pública de proxectos audiovisuais nas linguas oficiais do Estado diferentes do español e respectar os dereitos de autor.
39