O Bono turístico duplica a demanda do ano pasado

1 minutes read

O bono turístico #QuedamosEnGalicia22 non só repetiu senón que superou o éxito do ano pasado ao duplicar o número de solicitudes nada máis abrirse a plataforma habilitada para a súa reserva. De feito, se nas primeiras 12 horas da edición do 2021 foron e torno a 10.000 as solicitudes, este ano xa se superaron as 20.000, polo que hai xa unha importante lista de agarda.

O prazo para a presentación de solicitude do bono turístico, unha iniciativa pensada para incentivar o turismo interno e desestacionalizar a oferta turística en Galicia, abriu ás 00.00 horas do día 21 de marzo e rematará o día 2 de maio de 2022. Xa de madrugada o número de peticións era tal que en menos de 12 horas había rexistradas 20.000 peticións, o dobre que na convocatoria do ano pasado.

Ante a previsión dunha alta demanda, foi reforzado o sistema e habilitado un acceso específico e independente na sede electrónica da Xunta unicamente para os demandantes do bono. Aínda así, puido rexistrarse algunha incidencia puntual con largas colas perante o éxito da convocatoria. O propio sistema estableceu unha lista de agarda que permite ao usuario manter a súa quenda e acceder á web algo máis tarde.