O botellón en Galicia podería ter os días contados

1 minutes read
  • A nova Lei de Saúde prohibirá especificamente «o consumo en grupo de bebidas alcohólicas» en lugares públicos.

O Parlamento de galicia iniciará a vindeira semana o debate da tramitación da proposición de lei para a modificación da Lei de Saúde. Unha iniciativa impulsada polo grupo do PP, que será tramitada por vía urxente e que ao ter maioría absoluta na Cámara asegura a súa aprobación inmediata. Esta Lei engade un novo punto ao artigo 34 no que establece «prohibicións, limitacións e estratexias de prevención do consumo de bebidas alcohólicas para avanzar na desnormalización do seu consumo en todos os ámbitos, especialmente polas persoas menores de idade». E indica que «queda prohibido o consumo en grupo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas, e noutros lugares de tránsito público». «O botellón en Galicia acabouse», asegurara o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando avanzou a intención do seu grupo de presentar a proposta para esta nova Lei de Saúde.