O Calvo Basket Xiria ‘asalta’ Porriño (64-76)


Logo dunha semana de gran traballo e preparación o Calvo Basket Xiria estaba listo e disposto a “asaltar a pista” do PBB Godoy Maceira en Porriño este sábado, e así foi. O primeiro cuarto xa fixeron mella no conxunto local por 13-17. No segundo baixaron a garda, con 16-6. No terceiro remontaron con 15-23 e no último cuarto o Basket Xiria impúxose por 20-30. Cunha destacada segunda parte, o Calvo Basket Xiria logrou unha importantísima vitoria ante un dos grandes e ben formados equipos da categoría, 64-76.