O base Pablo López-Pizarro detalla a importancia do partido deste sábado, que os leva a terras zamoranas para enfrontarse ao CAJA RURAL ZAMORA.
O partido deste sábado día 15 non é un máis, o Calvo Basket Xiria xoga contra un rival directo, Caja Rural Zamora na súa casa, no Pavillón Municipal Ángel Nieto (Zamora), ás 17 horas.
Logo dunha moi boa semana de adestramentos, como ben di no vídeo Pablo López-Pizarro, o CALVO BASKET XIRIA móstrase confiado e esperan volver a casa cunha vitoria.