O Calvo Basket Xiria cae ante un Ávila superior (71-88)

0 minutes read

Nunha tarde marcada polo temporal de vento, celebrouse este sábado o partido de Basket da liga EBA correspondente á 11ª Xornada. Visitaba Carballo o Ávila Auténtica-Carrefour “El Bulevar”, un equipo que militou a tempada pasada en LEB Prata e este ano atópase nas primeiras posicións da táboa clasificatoria. O Calvo Basket Xiria encarrilou o choque con precisión no primeiro cuarto, pero un Ávila superior pronto puxo en práctica o seu potencial ofensivo terminando levándose o último encontro do ano polos parciais de 27-18, 11-21, 15-30 e 18-19.