O Calvo Basket Xiria comeza unha nova tempada en Liga EBA


Logo dos partidos da Copa Galicia EBA e do subcampionato obtido, o equipo de Héctor Méndez, volveu a adestrar tras unha xornada de descanso, con tódolos xogadores dispoñibles, sen novidades e coñecedores de que o Obradoiro Ames, non será o mesmo contra o que xogaron o pasado mes na Copa Galicia, xa que o adestrador local, ten a todo o seu plántel dispoñible.


Aínda así o CALVO BASKET XIRIA, vai con moitas grañas a debutar nesta ilusionante tempada, neste caso visitando o Pavillón Municipal do Concello de Ames, onde os santiagueses debutarán nesta tempada. Por outra banda, o encontro coma de costume no conxunto obradoirista, é un domingo á tarde -17:30h-, coma en tempadas pasadas.
Os carballeses teñen moi claro que xogarán contra un equipo, OBRADOIRO AMES, que a tempada pasada estivo a punto de ascende a LEB Prata, pero volverán a facer o seu xogo rápido, dinámico e cunha forte defensa, que lles de opción de estar dento do partido, sen ningún complexo e intentarán dar unha nova sorpresa, repetindo vitoria coma o do pasado mes contra este mesmo equipo en Copa Galicia.

A vindeira semana, debutará como local en Carballo contra o Porriño Baloncesto.


Recordar que o CALVO BASKET XIRIA, está encadrado na Liga EBA, grupo A-B, con 14 equipos (28 no total da Conferencia “A”), dos cales son galegos a metade (7): Santo Domingo Betanzos, Obradoiro Ames, CB Chantada, Porriño Baloncesto, Marín Peixe Galego, Bosco Ourense e o propio BASKET XIRIA. A competición nesta Liga EBA, Grupo A-B rematará o 22/04/2023, con 4 equipos descendidos por cada grupo e o 1 primeiro clasificado, de cada un deles, xunto co 2º mellor (que se escollerá nunha final a catro) xogando polo ascenso a LEB Prata.