O equipo dirixido por Héctor Méndez, contou este sábado con todos os seus efectivos para sumar a súa primeira vitoria da tempada e cun aliciente especial, diante da súa afección. O Basket Xiria tivo que realizar unha remontada épica tras un primeiro cuarto de superioridade do Solgaleo Bosco Salesianos por 17/30 e nun segundo que o conxunto local comezou a reaccionar, 21/15, e aínda que recortaba distancias chegaba perdendo ao ecuador do partido 38/45. Tras o descanso todo comezou a cambiar, cunha moi boa actuación de Potier que lograba sete puntos seguidos para poñerse 63/69. Carrizo, Santi Martinez, Pau e Rubén Rey botáronse o partido ás súas costas no último cuarto, cun Calvo Xiria xa superior consumábase a remontada e o equipo foi quen de ofrecer unha vitoria contundente á súa afección no regreso da liga EBA ao Vila de Noia, 88/84, con Rubén Rey como xogador Calvo destacado do partido nesta segunda xornada da tempada, 14 puntos, 11 rebotes, 4 faltas recibidas, 27 mimutos e 27 de valoración.
25