21
Necesitaba volver á senda do triunfo o Calvo Basket Xiria tras unhas xornadas no dique seco. Fíxoo este sábado na casa ante un rival nada doado como é o Traumacor Culleredo, a quen os de Héctor Méndez comezaron dominando desde o principio do partido e mesmo mellorando co avance do mesmo. Tal e como destacaba o adestrador ao final do encontro “unha vitoria moi importante tras adestrar ben, pero cunha mala serie de resultados nas últimas semanas”. Os resultados parciais foron os seguintes: Primeiro cuarto: 22-15. Segundo cuarto: 17-10 (39-25). Terceiro cuarto: 29-19 (68-44). Cuarto cuarto: 15-17 (83-61). Cabe destacar as actuacións de Valentín Carrizo, autor de 20 puntos e Rubén Rey, que sumou 19.