O Calvo Basket Xiria non puido facerse coa vitoria este sábado no Vila de Noia ante o Syngenta Seis do Nadal, onde ademais se viviu unha xornada solidaria con recoñecemento especial á labor da Xunta Local de Carballo da Asociación Española Contra o Cancro. o Club carballés tamén quixo mostrar o seu apoio permanente á reivindicación dunha sociedade máis xusta, igualitaria e inclusiva con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. No terreo deportivo o Basket Xiria non puido conseguir outra nova vitoria consecutiva, viuse rebasado polo seu rival con parciais 14-21, 23-18, 23-28 e 12-17, e un resultado final de 12 puntos de inferioridade, 72-84. Diego López Moure foi, con 20 puntos, o Xogador Calvo da Xornada.
Membros da directiva do Basket Xiria e da Xunta Local da AECC.