O Calvo Basket Xiria pecha tempada contra o segundo clasificado, Mundioma Marín

1 minutes read

Última semana de competición e os adestramentos foron moi irregulares, motivados por varias enfermidades comúns e algunha baixa por lesión e están confirmadas as baixas de Diego Val e Iñaki Lois. A cita será este sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal A Raña, en Marín.
A semana pasada o equipo realizou un partido moi serio e quere repetilo nesta fin de semana, a pesar de que non puido gañar, a imaxe que deu foi extraordinaria, xogando de “ti a ti” contra o cuarto clasificado na Liga. De feito o equipo quedou con moita rabia e mal sabor de boca ao non poder darlle esa merecida despedida á afección en Carballo. Segundo nos di Héctor Méndez: “Imos coa mesma idea, facer o noso xogo sen pensar no rival, a pesar das baixas, e así pechar con bo sabor de boca a tempada, unha vez que xa fai semanas confirmamos matemáticamente a permanencia un ano máis na Liga EBA”.
Neste partido en Marín o Calvo Basket Xiria, quere seguir competindo, como se fixo durante toda a liga e rematar con bo sabor de boca, sabedores de que o Mundioma Marín Ence Peixe Galego é o segundo clasificado e neste partido xógase ese posto.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?