Partido complicado ante un moi bo equipo, un Obradoiro USC que viña dunha traxectoria ascende e de melloría dende a primeira fase.
O Basket Xiria estivo concentrado en defensa e realizando uns bos ataques, pero diante tivo un mellor equipo, cuns porcentaxes de triplas extraordinario (ao descanso levavan 10/17, case un 60%.
Os dous primeiros tempos foron de claro dominio dos composteláns, e o conxunto local só puido aguntar a pesar de facer un xogo fluido en ataque. Chegando ao descanso perdendo de 15 (33-48)
O segundo tempo foi para o Calvo Xiria, aínda que o 3º cuarto o Obradoiro aguantou o tipo a base de xogadas indviduais, mentres o Basket Xiria non estivo acertado nas decisións de ataque. Xa no último tempo, o equipo carballés tirou de casta e coraxe (15-9), pero non foi suficiente para baixar o marcador.
Agora veñen unhas semanas sen partidos para o Calvo Basket Xiria, para preparar a Fase Previa Final, ata a semana do 24 de abril, sen coñecer o rival e a localidade de xogo (decisión federativa este luns día 4).