O Mundioma Marín Ence Peixe Galego xogábase a segunda praza e apretou no seu empeño de conseguila, pero o Calvo Basket Xiria tampouco se presentou en Marín de brazos caídos, entrou mellor ao partido e acabou levándose o primeiro cuarto por un axustado resultado de 19-21. No segundo reaccionaron os pontevedreses, aínda que os de Héctor Méndez seguiron plantaron cara, coa mesma idea de facer o seu xogo sen pensar no rival. Ao descanso chegouse con 45-39. No terceiro cuarto foi onde o Marín ampliou a súa vantaxe,18-9, o último acto volveu ser para os visitantes, pero non sería suficiente no cómputo xeral, 13-16,. Resultado final de 76-64, unha derrota, pero un obxectivo cumprido, a permanencia na categoría unha tempada máis. Rubén Rey foi o máximo anotador do Calvo Basket Xiria con 19 puntos.
0