O Calvo Basket Xiria perde na casa ante o Obradoiro Silleda

0 minutes read

Moito esforzo, moito traballo, pero pouca recompensa a obtida esta fin de semana polo Calvo Basket Xiria na segunda xornada de Liga EBA de baloncesto. Cun bo inicio de partido o CB Xiria foi quen de tutear ao seu rival ata o remate do primeiro cuarto, pero o Obradoiro Silleda logrou desmarcarse cun parcial de 8 tantos e a partir de ahí todo sería costa arriba para os de Fernando Buendía, para terminar caendo 62-75.