O Calvo Basket Xiria perdeu ante a Cultural Leonesa un partido que se foi á prórroga (86-89)

1 minutes read

O Calvo Basket Xiria perdeu na casa este sábado, na penúltima xornada do Grupo AB da liga EBA, contra a Cultural e Deportiva Leonesa de baloncesto. Os leoneses asinaron un magnífico último cuarto para forzar a prórroga, na que conseguiron desfacer o empate e levarse unha vitoria que non lle serve para nada, xa que ningún dos dous equipos se xogaba nada importante nesta xornada, máis aló da ilusión dos carballeses de brindarlle a vitoria a súa afección no último partido da tempada na casa.

O encontro estivo moi igualado, o primeiro cuarto finalizou con empate a 22, pero no segundo e terceiro cuarto o Calvo Basket Xiria comezou a dominar, sobre todo a través do xogo de Rey Artigas e Isern Maza, que asinaron un partido para enmarcar.

Federico Copes, a estrela culturalista, saíu a salvar a situación e liderou unha remontada que finalizou con 75-75 que mandaba o partido á prórroga. Neste período de prolongación a vitoria caeu ao lado visitante por só tres puntos de diferenza (86-89).

Do Calvo Basket Xiria destacaron Maza e Artigas con 23 puntos respectivamente, así como os espectadores convidados de Alcer Coruña e Asociación Aspaber, da parte da Cultural Copes cun dobre-dobre con 18 puntos e 15 rebotes nun total de 37 minutos.