O partido será este sábado día 22 ás 17:30 horas no Pavillón Vila de Noia, onde volve a ser un choque decisivo para as aspiracións do Calvo Basket Xiria, en busca dunha necesitada vitoria que os alonxe doutra racha de partidos perdidos. O Nostrum Gijón Basket, está nuha mellor posición (quinto con 10 gañados) na táboa clasificatoria, polo que o Calvo Basket Xiria pide o apoio de toda a afección para dalle “calor” ao equipo e que lles poidan adicar un triunfo.
BASKET XIRIA SOCIAL
Ademais no descanso do partido haberá un convidado moi especial, trátase da Asociación Aspaber, coa que a Escola Basket Xiria colabora desde fai 9 anos adestrando tódalas semanas a un equipo de rapaces e rapazas da entidade. Esta semana Jovan Vukasinovic, xogador do Calvo Basket Xiria, fíxolles unha visita sorpresa no adestramento que recibiron con moita ilusión.
Este sábado os rapaces e rapazas de Aspaber Baskert Xiria xogarán un breve partido no descanso e animarán ao equipo desde as bancadas.
Aspaber é unha asociación aberta e plural, nun proceso continuo de adaptación á realidade e necesidades das persoas con discapacidade intelectual. A súa misión é axudar ás persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias a ter o apoio necesario para desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns.
