O Calvo Basket Xiria recibe ao Obradoiro Ames, filial do equipo ACB

1 minutes read

O conxunto carballés contará con tódolos xogadores dispoñibles para xogar esta fin de semana. O traballo nesta semana foi encamiñado á preparación do partido contra o Obradoiro Ames. Un equipo co que xogou na primeira xornada, na que o Calvo Xiria perdera por sete puntos de diferenza.
Sabedores do nivel do rival, máis rodado a estas alturas da tempada, e que polas súas características: calidade, xuventude, altura e filial de equipo ACB, o conxunto local debe de saír a este partido cun 100% de concentración, fortes e duros en defensa, sen permitir segundas opcións aos visitantes.
O adestrador Héctor Méndez fai un chamamento os afeccionados e xogadores de base, que acudan animar nesta xornada importante para as aspiración do Calvo Basket Xiria, xa que a “forza” e animo que se transmite dende as gradas podería ser o “sexto” xogador que leve ó equipo en “volandas” e o axude a gañar o partido deste sábado.