O Calvo Basket Xiria retomou a senda do triunfo na casa ante o Zamora (108-63)

1 minutes read

O equipo carballés que dirixe Héctor Méndez foi superior ao rival desde o inicio do partido cun primeiro parcial de 12-3 sustentado en oito puntos seguidos do belga Pottier, seis deles desde o triplo. A todo iso, o Zamora non llo puxo fácil, lograba terminar o primeiro cuarto a menos cinco puntos (26-21). O segundo cuarto xa foi de claro dominio local, cun resultado de 30-13 que deixaba o marcador ao descanso en 56-34. Tras o descanso e con máis de vinte puntos de vantaxe o Basket Xiria mantiña un alto nivel de xogo sobre o seu rival gañando por 25-13. Para terminar o partido, un último cuarto tamén contundente de xogo local marca da casa cun 27-16 que deixaba o marcador final en 108-63.