O Calvo Basket Xiria tentará traer unha nova vitoria a domicilio

1 minutes read

O equipo afrontou os adestramentos desta semana con moitas gañas, logo das últimas dúas vitorias e sendo a cuarta vez que o consegue, pero que nunca obtivo unha terceira, polo que ao Calvo Basket Xiria lle faría moita ilusión encadear tres partidos gañados de xeito consecutivo. A cita será este sábado no Pavillón Coto Ferreiro ás 20:00 horas.
O equipo rival destra semana, Construcciones Riveira EDM A Estrada, é unha cancha moi complicada, alí xa caeron Ávila e Betanzos. Este equipo esta xogando moi ben na casa e síntense moi cómodos. Non poden fiarse do seu posto actual na clasificación, xa que EDM A Estrada conta con xogadores de moito nivel, coma Fernando Bello, Luis García ou Anxo Pacheco e os reforzos de categoría Autonómica pero con nivel de Liga EBA.
Pola banda do Calvo Basket Xiria, conta novamente con tódolos xogadores dispoñibles, polo que Héctor Méndez desprazará a todo o equipo. Na última sesión deste venres adicouse á ultimar os detalles para este importante partido e terminar de clarificar o que necesitan facer para conseguir o seu obxectivo, que non é outro que continuar a boa racha de xogo e intentar conseguir esta terceira vitoria consecutiva na presente tempada 22/23.