O Calvo Basket Xiria visita a pista do C.B. Costa Ártabra


Partido importante o que lle espera este sábado ao Calvo Basket Xiria na pista Javier Gómez Noya de Ferrol. Alí enfróntase ás 18:00 horas ao C.B. Costa Ártabra, rival directo por eludir unha das prazas de descenso. Un equipo que aperta moito en defensa con varios xogadores que son decisivos e si teñen o día no tiro exterior son moi “perigosos”, así o demostraron no partido de ida en Carballo, dificultándolle a vitoria que conseguira o equipo carballés por un axustado 87-82. O Calvo Basket Xiria buscará defenderse con garra e xogar as súas bazas en ataque, pelexando por asentarse na zona intermedia da táboa clasificatoria.

Previa por Samuel Lodeiro