O Calvo Basket Xiria xoga de novo en Carballo, ante os asturianos de Círculo Gijón

Cedida.

Unha nova xornada da Liga EBA, a que volveremos a vivir en Carballo. Nesta ocasión, e logo de perder a semana pasada, o Calvo Basket Xiria recibe ó Círculo Gijón. O equipo asturiano ocupa actualmente a terceira praza, por detrás do CB Chantada (primeiro) e Cultural Leonesa, que marcha en segundo lugar. Esta xornada 9ª da Liga EBA disputarase o sábado 3 ás 17:00 horas, no Pavillón Vila de Noia.
O CIRCULO GIJON é un dos equipos chamados a estar nos postos altos da clasificación final e loitar polo ascenso, debido á confección e calidade da plantilla, na que os carballeses atoparanse a un vello coñecido, o ala-pivot senegalés Mamadou Salif Diagne. Ademáis deste, contan co pivot Javi Lucas de 2,08cm (9 ptos., 8 reb., 10 tap. e 120 de Valoración), o ala-pivot Milo Vukcevic (14 ptos., 4,6 reb., en 21 min.), e o base Samuel Barros (12,6 ptos., en 24 min., con 137 de valoración.), entre os seus máximo expoñentes.
O CALVO BASKET XIRIA, logo de perder a semana pasada pola mínima, saíra a por todas e con moitas gañas de dedicar un triunfo ós seus seguidores e as categorías base que nos virán ver ao pavillón, para así continuar co bo inicio de tempada que están vivindo. O adestrador Héctor Méndez contará cos tódolos xogadores dispoñibles e estivo traballando toda a semana a defensa e ataque que levarán a cabo nesta fin de semana contra os asturianos. Os carballeses terán que manter a concentración e cimentar dende a defensa o seu xogo, coma en anteriores ocasións sairán buscando a vitoria ante un rival inicialmente superior, pero quen gañe o terá que demostrar na pista de xogo.