10
Aínda que é unha dolorosa perda de puntos máis, as sensacións empezan a mellorar, o conxunto carballés cultivou unha nova derrota este sábado e xa van cinco seguidas, pero neste caso por só un punto, 22-21. O Calvo Xiria que dirixe Adrián Dubra, con este resultado acadado na xornada novena de Primeira Estatal sitúase na onceava praza da táboa clasificatoria con tan só seis puntos. O Lirón S.D. Teucro tamén chegaba necesitado, polo que ao terminar o partido celebrou esta vitoria coma se dunha final se tratase.