O Calvo Xiria asegurou a permanencia en Primeira Estatal de balonmán gañándolle ao BM Ribeiro

0 minutes read

Aínda quedan varias xornadas de liga, pero o Calvo Xiria balonmán xa ten os deberes feitos. Este sábado certificou a súa permanencia en Primeira Estatal tras vencer en Ribadavia ao Ribeiro Ourense, nun partido moi igualado, pero controlado de principio a fin polos carballeses, 13-15 ao descanso, 23-26 resultado final. O seguinte partido será na casa ante o Landbit Lanzarote, á espera de poder brindarlle unha nova vitoria á afección carballesa.