O Calvo Xiria Balonmán contivo a presión do Magope Sedona Coia

1 minutes read

Bo encontro o xogado polo Calvo Xiria Balonmán este sábado no Pavillón Vila de Noia en Carballo fronte ao sempre complicado Magope Seis do Nadal Coia, que segundo o esperado, plantou cara desde o primeiro momento do partido, nun encontro moi igualado en xogo e resultado, chegándose ao descanso co marcador 17-15. Na segunda parte mantívose a diferenza de dous tantos ata o minuto 13, onde os pontevedreses lograron empatar o encontro 24-24, pero os carballeses non baixaron os brazos, rearmaronse ben en defensa e tras ir cinco puntos por diante a tres minutos do final, lograron unha nova e axustada vitoria por 36-34.