O Calvo Xiria balonmán retorna á competición cunha saída a Bueu

0 minutes read

O Calvo Xiria xogará a domicilio no pavillón Pablo Hervello de Bueu este sábado ás 19:00 horas. O conxunto carballés buscará a maneira de romper o xogo combinativo do rival; que lle gusta xogar desde o centro con Roque e Brais principalmente; cara as zonas exteriores onde os seus extremos collen protagonismo. O ritmo do partido tamén será importante, xa que os equipos levan un mes sen competición oficial e o factor físico pode decantar a balanza en favor dun ou outro equipo.