Intratable, así se mostrou o Calvo Xiria balonmán na primeira volta desta tempada, que finalizaba este sábado cunha nova vitoria ante a Sar Plastic Omnium de Redondela. O equipo carballés que dirixe Adrián Dubra abría o marcador no minuto un e foise despegando aos poucos con claridade do equipo rival cunha renda de tres goles nos primeiros 10 minutos que chegaría a ser de 6 no descanso, 18-12. Na segunda parte seguiría intratable o conxunto local en pista, tanto en ataque como en defensa, chegando a impoñerse 10 tantos por encima do rival no ecuador dese segundo tempo. Ao final o Calvo Xiria facíase cunha nova vitoria (30-24), terminando esta primeira volta cunha media para enmarcar, case perfecta, tan só perdía na casa contra o Ingenio. 15 vitorias de 14 partidos, 30 puntos de 28 e coa cabeza posta xa no seguinte partido, con moita ilusión comezará a segunda volta a próxima semana, tamén na casa, contra o Forbe Reconquista de Vigo.
19