O Calvo Xiria BM inicia a fase de ascenso a DHP

3 minutes read

O Calvo Xiria disputará a sexta fase de ascenso (cuarta consecutiva) da súa historia á División de Honra Prata (2ª categoría estatal) en terras asturianas. Os xogadores carballeses están a adestrar a bo ritmo durante toda esta semana e esperan con ilusión o inicio dunha fin de semana que promete ser de emocións fortes.

O clube carballés instalará o seu cuartel xeral en Candás ao longo de toda a fase. A localidade, situada a 17Km de Avilés, onde se disputarán os partidos, ofrecerá a tranquilidade ideal para que os verdinegros poidan estar concentrados no seu obxectivo. Unha vez instalados, os de Xiria achegaranse ao pavillón La Magdalena para realizar o último adestramento antes do partido do venres.

Calvo Xiria inicia a súa andaina neste grupo II o venres ás 18:00 h, no que será o pistoletazo de saída á fase de ascenso a DHP. En fronte, terá ao conxunto valenciano do Viscoconfort Maristas Algemesí, un gran equipo dotado dun cadro de persoal moi compensado e onde destaca o seu extremo esquerdo, o goleador Padilla. Os valencianos son un conxunto cunha ferrea e dura defensa, un equipo que afronta os partidos cunha intensidade sobresaliente e que en ataque gozan dun amplo cadro de persoal que pode dar variedade de solucións tácticas con bos extremos finalizadores, primeiras liñas con capacidade no 1×1 e un pivote cunha notable antropometría e mobilidade. Non exentos de lanzamento exterior na esquerda do seu ataque, o Viscoconfort preséntase como un rival certamente complicado para os de Xiria, que deberán de presentar as súas mellores prestacións e o máis alto nivel para superar aos valencianos.

Lograr os primeiros dous puntos no inicio da competición, antóllase importantísimo, xa que o contrario deixaría aos de Carballo sen marxe de erro á hora de afrontar os seguintes encontros.

O segundo e terceiro día, o Calvo Xiria medira forzas cos asturianos e cataláns do Cafés Toscaf ATL. Avilesina e o UE. Sarriá respectivamente, dous rivais de entidade e que no caso dos primeiros contarán co plús de xogar na casa. Os cataláns, chegan a esta fase desde un grupo que nos últimos anos erixiuse como un dos máis competitivos e fortes da primeira nacional, fano co potencial deste Sarriá que conta cun sete inicial de enorme calidade.

Pero tampouco estarán sós os xogadores do Calvo Xiria, máis de 150 seguidores desprazaranse dende Carballo para asistir ao que pode ser un ascenso histórico á DHP por parte do conxunto bergantiñán.

Forza Xiria!
 


PLANTILLA CALVO XIRIA

NOMEPOSICIÓNDORSAL
SANTIAGO GÓMEZ PERISCAL “IAGO”PORTEIRO32
ANTONIO MATO GÓMEZ “ANTONIO”PORTEIRO1
CARLOS VILANOVA GARCÍA “CARLOS VILANOVA”EXTREMO DEREITO4
GABRIEL CASTIÑEIRAS TRIGO “GABRI”LATERAL IZQUIERDO5
CARLOS ALBERTO LEMA GARCÍA “CUCO”PIVOTE6
JULIÁN LÓPEZ VILLAR “JULIÁN”PIVOTE7
BRAIS PUÑAL DOMÍNGUEZ “BRAIS”EXTREMO ESQUERDO8
FRANCISCO JOSÉ REY PEDREIRA “FRAN”LATERAL ESQUERDO9
PABLO IGLESIAS FRAGA “PABLO”CENTRAL10
HUGO RODRÍGUEZ GARCÍA “CHIMPO”LATERAL ESQUERDO13
CARLOS GARCÍA FREIJEIRO “CARLOS GARCÍA”EXTREMO ESQUERDO17
JUAN CARLOS RODRÍGUEZ ORTIZ “JUANKA”CENTRAL19
ENRIQUE PENA PENSADO “ENRIQUE”EXTREMO DEREITO20
MANUEL MÉNDEZ CABEZA “MANU”LATERAL DEREIO21
JORGE BOUZAS PICHEL “JORGE”EXTREMO ESQUERDO24
IVÁN AMARELLE GESTO “AMARELLE”LATERAL DEREITO66

CORPO TÉCNICO:

  • ENTRENADOR: FERNANDO VÁZQUEZ QUINTEIRO
  • OFICIAL: MANUEL ANXO PARDIÑAS RODRÍGUEZ
  • OFICIAL: PABLO PERISCAL SÁNCHEZ
  • FISIOTERAPEUTA: MARGA SOBRIDO

Fonte.- Calvo Xiria Balonmán.