O Calvo Xiria BM mídese ao BM Tejina La Laguna, en Tenerife

1 minutes read

Esta fin de semana o Calvo Xiria Balonmán viaxa por segunda vez ás Illas Canarias. Desta volta, faino a Tenerife para enfrontarse ao BM Tejina La Laguna. Un partido onde o Tejina busca a permanencia e o Xiria busca o título. Lograr a vitoria é o obxectivo que teñen en mente os xogadores do Calvo Xiria, que desexan seguir unha semana máis no máis alto. Para iso, sairán a por todas desde o inicio, moi concentrados nun rival que conta os seus partidos de decembro por finais, xa que a posición que ostenta neste momento, non é a desexada. O Calvo Xiria que conta coas baixas de Ramón e Aaron; súmase tamén a de Juanka, que leva varias semanas con dores no ombreiro dereito, os cales se incrementaron no último partido. Será unha viaxe exprés de 30 horas, en ida e volta para tratar de lograr dous puntos máis.