O Calvo Xiria BM recibe aos canarios do Vitaldent Vecindario

1 minutes read

Este sábado ás 20:00 horas no Vila de Noia enfróntanse, na xornada 9, o Calvo Xiria e o Vitaldent Vecindario de Gran Canaria. Un equipo recentemente ascendido á categoría, que lle custou arrincar no debut, no seu obxectivo pola permanencia, pero co paso das semanas creceu e mira a cotas máis altas con equipos que agora están na media táboa.

O Calvo Xiria parte como favorito para levar os dous puntos. O comezo do partido; así como o inicio da segunda parte, son fundamentais para saír enchufados a un Vila de Noia, que non poderá contar con público nas bancadas. Manter a intensidade e levar o partido ao ritmo que máis lle gusta xogar ao Calvo Xiria, primeiros pasos para lograr os dous puntos.

Entramos nunha fase crave xa que restan 4 partidos antes do parón de nadal. O obxectivo seguir lideres do grupo A.