O Calvo Xiria BM suma e segue, máis líder


Nova vitoria a cultivada este sábado na casa polo Calvo Xiria balonmán, o equipo que dirixe o carballés Adrián Dubra exerceu de líder nunha xornada na que recibiu ao ao Luceros, filial do Cangas. A primeira parte foi bastante igualada en xogo e resultado, pero con claras pinceladas de dominio local, aínda así os dous equipos chegaron en táboas ao descanso 14-14. Tras a continuación o Calvo Xiria empezou a marcar distancia e no minuto 18 xa gañaba por 6 tantos de diferenza, esquema que os visitantes xa non serían capaces de remontar. Ao final vitoria cómoda do equipo carballés por 32-26, capitaneando unha xornada máis a cabeza da táboa en solitario tras o tropezón sufrido polo seu rival máis directo, o Lanzarote, e coa cabeza posta xa na súa próxima saída contra o Carballal.