O Calvo Xiria BM suma e segue

1 minutes read

O Calvo Xiria BM xogou a domicilio este sábado no pavillón Pablo Herbello, contra o Bueu Atlético BM. O equipo carballés fixo méritos para traerse os dous puntos e así foi. Os de Adrián Dubra dominaron o partido de principio a fin, chegando a alcanzar unha renda ao seu favor de 8 tantos no minuto 24 do primeiro tempo (10-18), e ao descanso renda de 5, (15-20) tan só cun pequeno lapsus no ecuador da segunda metade, onde os locais se enchufaron ao partido, chegando a empatalo (24-24), pero nada que lle impedise ao Calvo Xiria ser superior ao rival, ao que gañou por unha clara diferenza de cinco tantos (31-36).