O Calvo Xiria BM volve a senda do triunfo

0 minutes read

Vitoria traballada a conseguida este domingo no municipal de Deportes de Pontevedra polo Calvo Xiria BM ante o equipo filial do Teucro, equipo que unicamente colleitaba dúas derrotas esta tempada. Prometíase un encontro corpo a corpo e así foi, igualado en xogo e resultado. Os de Adrián Dubra perdían pola mínima no descanso (10-9), pero na segunda parte tomaron o impulso necesario para facerse co partido por (26-28), esperando que sexa o arranque definitivo dunha senda de bos resultados, logo dunhas semanas no dique seco.