O Calvo Xiria Balonmán xoga en Vigo

1 minutes read

O Calvo Xiria Balonmán xoga a domicilio no pavillón de Candeán, en Vigo, este sábado ás 19:30, contra o Granitos Ibéricos Carballal. O conxunto local, é un dos máis novos da categoría; liderados desde o banco por Fran González, mítico primeira liña, con dúas décadas de experiencias na elite do balonmán. O conxunto vigués, ten varias alternativas defensivas e xoga con moita amplitude no ataque posicional. O Calvo Xiria, terá enfronte un rival incómodo, e que lle esixirá máxima concentración. Unha das facetas que deberá mellorar respecto á semana anterior, é a eficacia nos lanzamentos de 6 metros; así como seguir a liña defensiva marcada nos últimos partidos. Será o penúltimo partido da primeira volta, onde o Calvo Xiria, desexa seguir con paso firme e terá que loitar durante 60 minutos para facerse cos dous puntos.