O Calvo Xiria campión de liga tras o empate do Lanzarote


Este domingo ás 12:30 horas no Gatañal de Cangas enfrontarase o Calvo Xiria ao Automanía Luceros. Un día que podería ser especial para o cadro carballés xa que cun punto proclamaríase campión de liga por terceira vez na súa historia, pero xa non será necesario, o conxunto carballés proclamouse matematicamente campión este sábado ao non gañar o segundo clasificado, o Lanzarote, que empatou co Vecindario. O Calvo Xiria competirá de todos modos con todos os xogadores dispoñibles, cos dous ollos postos xa na fase de ascenso. As transicións serán unha das partes máis importantes neste partido, xa que os locais conceden poucas opcións de contraatacar, polo que deberá o Xiria optimizar as oportunidades que teña. Por contra, ten que ter eficacia no balance defensivo e frear a primeira onda local. A afección poderá seguir e animar ao equipo no partido que será emitido por streaming.