O Calvo Xiria, buscará un resultado positivo diante da súa afección. O partido será o sábado ás 20:00 horas no pavillón Vila de Noia en Carballo. O rival, Carnes Doribeiro-Ourense, un equipo que está en plena loita pola permanencia, e iso dificulta o choque; xa que ten un hándicap emocional, engadido e fará que os 60 minutos de partido sexan vitais. Por tanto, os dous equipos deben empregarse a fondo para conseguir os dous puntos.
O Calvo Xiria, ademáis quere empezar desde o principio con boas sensacións. A defensa e o contraataque serán armas importantes un vez soe o asubío inicial. Os visitantes, xogan a parciais, tanto positivos, como negativos, nunca se van do partido, e ese carácter competitivo empuxaralles, a pelexar ata o final. Especial atención deberá prestar o Calvo Xiria ás situciones de pivote 1×1 e 2×2, e seleccionar o momento das axudas e ser eficaces a hora cortar o xogo de Carnes Doribeiro.
Jorge Bouzas que viña arrastrando dores nos últimos meses, finalmente tivo que parar e non será da partida, e tampouco poderá contar cos xuvenís Julián García e Martín Fuentes polo seu compromiso coa selección galega. O técnico Adrián Dubra convocará a Esteban Puñal, procedente do equipo xuvenil e que poderá debutar de maneira oficial co Calvo Xiria. Polo que, dispón de xogadores suficientes para desenvolver o xogo habitual do equipo.
26