O Calvo Xiria buscará unha nova vitoria na casa do Bm Saeplast Cañiza

Cedida.

O Calvo Xiria mira cara o seu próximo compromiso fóra da casa, onde xogará este sábado ás 18:00 horas no municipal da Cañiza contra o Bm Saeplast Cañiza.
O Calvo Xiria deberá enfrontarse a un persoal reforzado que amplía o seu abanico de posibilidades coa afección local, das máis ruidosas da liga, e ante a necesidade de puntuar do seu equipo estarán a arroupalo desde o inicio.
Por tanto; espérase un partido intenso; competido, e de ritmo alto; onde se poñerá a proba a capacidade física e psicolóxica, para ver quen se fai coa vitoria. Adrián Dubra conta para este partido cos mesmos xogadores da semana anterior.