Non houbo sorpresas o San José Obrero Lanzarote cun cadro de persoal dos máis fortes da categoría foi superior a un Calvo Xiria con demasiadas baixas. O conxunto local comezou abrindo o marcador e tamén repeleu o primeiro ataque do Xiria, que xogou de camisola branca. Nos primeiros dez minutos 8-4 no marcador. O conxunto carballés non baixou os brazos en ningún momento, foi quen de reducir distancias, pero non de dar o sorpaso, 17-15 no descanso. Comezaba poñéndose a un punto o Calvo Xiria no inicio da segunda parte, aguantando ben ata os últimos 15 minutos, onde o conxunto local imprimía o seu mellor xogo chegando a ter unha superioridade de 11 goles. Cunha boa transición o Calvo Xiria pechaba o partido marcando, pero a vitoria quedou merecidamente na casa dos canarios, 37-27.
21