O Calvo Xiria comeza a conta atrás


  • O club inicia a campaña ‘Misión Prata’ na procura dun esforzo colectivo de toda a masa social de Escolas de Balonmán Xiria para lograr o ansiado ascenso á segunda categoría do balonmán estatal.

Este sábado ás 20:00 horas no Vila de Noia; afronta o Calvo Xiria a primeira das seis finais que quedan para proclamarse campión de liga. O seu rival o Bm Tejina La Laguna, logrou fichar a 4 xogadores con respecto á primeira volta; o que lle outorga máis rotación; así como unha nova variante defensiva; grazas ao aproveitamento do total do seu persoal. Está en plena loita pola permanencia; o que lle dá un plus de perigo a este enfrontamento.

O Calvo Xiria mentalizado; en contar cada partido coma se fose unha final. Deberá marcar a intensidade desde o inicio; e mellorar no aspecto ofensivo con respecto á semana pasada. Son dúbida Manuel Méndez e Juanka que chegaron lesionados do partido anterior e seguen sen adestrarse co grupo; polo que o resto do cadro de persoal; deberá estar se cabe máis concentrado en disputar os 60 minutos con total garantía.