O Calvo Xiria comezou decembro con mal pé

1 minutes read

Segue a mala serie para o Calvo Xiria de Balonmán, Este sábado volveu a perder e xa van tres partidos seguidos. Nesta ocasión o equipo carballés, que dirixe Adrián Dubra, viuse superado polo Reconquista de Vigo, tanto en defensa como en ataque, 15-22 ao descanso, nun encontro que a priori non era nada fácil. Na segunda parte o Calvo Xiria tentou reducir distancias, mellorou o seu xogo e fíxoo colocándose a tres goles do rival, pero non foi suficiente. Ao final o conxunto vigués levouse o partido e os puntos por un axustado 33-36.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?