20
O Calvo Xiria solventou con propiedade o seu último compromiso fóra da casa, onde xogou este sábado ás 18:00 horas no municipal da Cañiza contra o Bm Saeplast Cañiza. O conxunto carballés foi lixeiramente superior, sobre todo no centro do campo, ao seu rival, marcando a diferenza xogadores como o veterán Chimpo ou Hugo, contribuíndo a facerse donos dun partido no que ao descanso xa gañaba de 4, (10-14). Na segunda metade o Calvo Xiria non cedeu a presión que quería sometelo o seu rival e seguiu sendo claro dominador do encontro. Aínda que con sufrimento por momentos a vitoria, terceira consecutiva, veu para Carballo cun resuntado axustado de 26-28.