O Calvo Xiria gañou pola mínima este sábado o encontro correspondente á 19 xornada de liga e que xogou na casa contra o Saeplast BM Cañiza, (28-27), un rival directo pola permanencia na categoría. O partido comezou cun previo minuto de silencio polas vítimas do terremoto de Siria e Turquía. Marcou diferenzas dende o inicio o conxunto local que adestra Adrián Dubra, chegando a ter unha vantaxe de ata cinco goles, catro no descanso, 15-11. Non estaba nada gañado, nin moito menos, o Cañiza meteu unha marcha máis no segundo tempo conseguindo empatar o encontro a 22 goles no minuto 17. Dúas xenialidades de Chimpo desfixeron as tablas e un paradón de Antonio metiu ao conxunto local de novo no partido, aínda que cunha defensa un tanto adormecida. O Cañiza arriscou na recta final do encontro, con un punto a favor do Calvo Xiria e un ataque en contra estaba todo por decidir. O Cañiza chocou de fronte, agora sí, coa defensa local cando loitaba polo empate e a vitoria quedou na casa, curta, pero na casa, 28-27.