O Calvo Xiria exerceu de líder en Gran Canaria


O equipo carballés que dirixe Adrián Dubra, impúxose este sábado a domicilio ante o Vitaldent Vecindario en Gran Canaria. Comezou marcando o Calvo Xiria aos poucos segundos de principiar o encontro, e na primeira parte non estivo moi acertado para a portería contraria, mérito tamén do rival, que saíu moi motivado en ataque, froito diso chegaron ao descanso con vitoria, 15-12. Tras o descanso o Calvo Xiria aproveito varias perdas de balóns do Vecindario e comezou a dominar logrando empatar o encontro e darlle a volta ao marcador en poucos minutos. Cun 20-22 no minuto 12 xa non habería volta atrás, o conxunto carballés exerceu de líder ante un gran rival chegando a unha renda de 5 goles e un resultado final de dous de vantaxe, 27-29.