O Calvo Xiria gaña con autoridade ao Lavadores (38-32)

0 minutes read

Necesitaba gañar o Calvo Xiria tras varias xornadas no dique seco. Fíxoo este sábado ante o Lavadores, o equipo rompeu coa ansiedade inicial que non lle estaba permitindo empezar ben os partidos, centrouse no seu mellor xogo con autoridade e levou o partido por un cómodo resultado de 38-32. A próxima cita será á cancha do Lalín, un dos fortes da categoría e unha boa ocasión para demostrar que calquera tempo pasado foi peor.