28
O Calvo Xiria regresou este sábado á competición tras o parón do Nadal e fixoo con esforzo e motivación para gañarlle 36-30 ao Gáldar Gran Canaria e sumar así os primeiros dous puntos deste novo ano 2024. O equipo carballés comezaba dominando o encontro con claridade aínda que os canarios estaban literalmente pegados no ecuador do primeiro tempo, chegando ao descanso con vitoria local por 15-13. Tras a reanudación o Calvo Xiria foi quen de manter distancias cunha marxe mínima de ata catro goles arriba, en parte grazas ao esforzo da súa dianteira, pero en termos xerais foi un partido moi completo de todo o equipo para sumar esta nova vitoria.