O Calvo Xiria inicia a liga con bo pé


Fíxoo este sábado na casa, no Vila de Noia, ante a SAR de Redondela, á que se impuxo por 32-26 (17-11 ao descanso). O equipo carballés presentouse dominante na cancha, deixando moi boas sensacións para esta nova tempada. Pablo Veiga, de só 16 anos, debutou co equipo e fíxoo con acerto a porteria tras transformar unha pena máxima. A próxima semana o calvo Xiria viaxará a Canarias para medirse ao Ingenio, noutro duelo emocionante.